Novedades de Castro² Avogadas

ESTRANXEIRÍA

Publicado: 13 de decembro de 2019, 19:36
  1. BLOG
ESTRANXEIRÍA

A Sala Terceira do Tribunal Supremo (Sección 5ª) crea xurisprudencia en relación á solicitude de arraigo social fundamentada en vínculos familiares, ao entender que se pode acreditar a suficiencia de medio económicos, cando se solicita a exención de contrato de traballo, sen ter que cumprir os requisitos do artigo 54 da Lei de Estranxeiría. Ata o de agora era necesario cumprir uns determinados parámetros económicos ao aplicarse de xeito supletorio dito artigo. Con esta nova sentenza faise unha interpretación menos restritiva do requisito da suficiencia económica, debendo valorarse as circunstancias concretas de cada caso. 

A sentencia que se achega concédelle a residencia temporal á muller dun residente en España que non cumpría os parámetros de ingresos recollidos no artigo 54 da Lei de Estranxeiría, xa que o matrimonio logrou acreditar que o marido tiña un traballo, uns ingresos fixos como temporeiro e que se atopaba plenamente integrado na sociedade a través do correspondente informe social. 

Se queres ler a Sentenza da que falamos, aquí che deixamos o enlace:

http://www.poderjudicial.es/search/AN/openDocument/3a5e1cfb451791a9/20190626

 

Noticias relacionadas

Cales son os tipos de desafiuzamentos? 16 Xuñ

Cales son os tipos de desafiuzamentos?

16/06/2025 BLOG
Se algunha vez tiveste que enfrontarte a un desafiuzamento , saberás que non é un proceso sinxelo. Tanto se es propietario e o inquilino deixou de pagar, como se porque o contrato de arrendamento expirou e non quere marchar, é importante entender que tipos de desafiuzamentos existen no noso país e
Tes algunha dúbida sobre unha multa de tráfico? Aconsellámosche 19 Mai

Tes algunha dúbida sobre unha multa de tráfico? Aconsellámosche

19/05/2025 BLOG
Ninguén quere que aconteza, pero ás veces ocorre: che poñen unha multa de tráfico. En moitos casos, a penalización é obvia, pero noutros, os condutores teñen moitas dúbidas. En Castro² Avogados, como bufete de avogados en Noia e Ribeira , recibimos constantemente preguntas sobre multas: É realmente
¿Que necesito para renovar o meu permiso de residencia? 2 Mai

¿Que necesito para renovar o meu permiso de residencia?

02/05/2025 BLOG
Renovar o teu permiso de residencia en España pode parecer un trámite complicado, pero coa información adecuada e a axuda profesional correcta, o proceso será moito máis sinxelo. Se este é o teu caso, e por iso estás a ler este artigo, desde Castro² Avogadas ofrecémosche os nosos servizos de
Medidas laborais en materia de conciliación familiar 31 Mar

Medidas laborais en materia de conciliación familiar

31/03/2025 BLOG
A conciliación da vida persoal e profesional é fundamental para o benestar dos traballadores e o progreso da sociedade. No noso despacho laboral de Noia e Ribeira entendemos a importancia desta materia e ofrecemos un asesoramento especializado para garantir a súa aplicación efectiva. Marco

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Sen embargo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflexan necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsábeis das mesmas.