Castro² Avogadas, a unión fai a forza

Castro² Avogadas, a unión fai a forza

Castro² Avogadas nace coa idea de ofrecer un servizo colectivo co que realizar o asesoramento e defensa completa en distintas áreas do dereito, dunha forma profesional e completa da man das avogadas Eva Castro Blanco e Tania Castro Núñez. As nosas licenciadas en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela contan, ademais, cunha extensa experiencia no exercicio profesional.

O proxecto común no que se fundamenta Castro² Avogadas, permite unha asistencia de alta calidade e un resultado meditado en profundidade que se realiza cun traballo en equipo. Así, os nosos despachos caracterízanse por ofrecer un servizo actualizado, dinámico e consciente da evolución da sociedade e das súas necesidades. Ademais dunha atención presencial coas nosas avogadas en Noia e Ribeira, tamén dispoñemos da posibilidade de realizar consultas en liña a través do noso contacto.

En Castro² Avogadas prestamos un asesoramento integral a particulares e a empresas, tanto a nivel xudicial como extraxudicial, así como a xestión e tramitación de todo tipo de procedementos. Ademais, pretendemos apartar estereotipos e clichés clásicos asentados na nosa profesión: a confianza, a igualdade, a empatía e a información son os referentes do noso traballo diario

Coñece os nosos servizos de dereito en Noia e Ribeira

Dereito laboral

Dereito laboral

Como especialistas en dereito laboral en Noia e Ribeira, ofrecemos asesoramento completo en contratos laborais, despedimentos, ERTE, reclamacións salariais... Os nosos servizos están orientados a protexer os teus dereitos e a garantir que as túas condicións laborais sexan xustas. Consúltanos para máis información sobre como podemos axudarche a defender os teus intereses laborais.

Dereito de estranxeiría

Dereito de estranxeiría

En Castro² Avogadas, axudarémosche con todos os trámites achega do dereito de estranxeiría. Xa sexa a obtención de permisos de residencia ou o reagrupamento familiar, comprometerémonos a facilitar a túa integración legal en España. Connosco, contarás cun asesoramento profesional e solucións eficaces durante todo o proceso dos trámites.

Outras especialidades

Outras especialidades

Á parte das nosas especialidades en dereito laboral e de estranxeiría en Noia e Ribeira, o noso despacho de avogadas ofrece tamén servizos en varias áreas. Desde mediación ata dereito penal, pasando por dereito civil e administrativo, estaremos contigo para estudar o teu caso e ofrecer solucións personalizadas con estratexias adaptadas, garantindo unha resolución satisfactoria.

Aires de cambio no mundo da avogacía

O obxectivo principal de Castro² Avogadas céntrase en establecer a confianza nos nosos clientes mediante un traballo serio e profesional, onde a eficacia das nosas actuacións e a información preséntanse como os nosos piares fundamentais. Por iso, ademais dos nosos servizos de avogacía, tamén realizamos o labor de asesoría preventiva. Buscamos prever posibles conflitos a través de actuacións e recomendacións previas, para que o cliente coñeza as consecuencias ou beneficios que poden supoñer as súas decisións e reducir ao máximo riscos e custos. Ademais, no noso despacho apostamos pola solución consensuada e a negociación, xa que adoita ser o roteiro máis beneficioso para as partes.

A través do compromiso, a honestidade e unha atención de primeira calidade, en Castro² Avogadas os nosos clientes reciben información e actualizacións sobre o avance dos asuntos que nos confían, sendo a confianza un dos nosos principais valores e a defensa dos seus intereses o noso obxectivo.

Cambio no mundo da avogacía
Abogada laboral en Noia

Contacta co noso equipo de avogadas en Noia e Ribeira

Cun servizo legal completo e de calidade, en Castro² Avogadas recibirás un asesoramento experto en todas as nosas especialidades. Trae o teu caso ao noso despacho e estudaremos contigo como podemos levar a solución a bo porto. Non dubides en contactar connosco para obter máis información acerca de como podemos axudarche.

Contacto

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Sen embargo, os puntos de vista e as opinións expresadas son únicamente os do autor ou autores e non reflexan necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsábeis das mesmas.