¿TES UNHA TARXETA REVOLVING? A SEGUINTE INFORMACIÓN É DO TEU INTERESE

Publicado: 06 de marzo de 2020, 17:30
  1. BLOG
¿TES UNHA TARXETA REVOLVING? A SEGUINTE INFORMACIÓN É DO TEU INTERESE

      As tarxetas revolving permiten aprazar as compras que se realicen e facer uso do crédito dispoñible devolvéndose as cantidades de xeito aprazado. Ao levarase a cabo a devolución das cantidades de xeito aprazado, a través dunha cota fixa ou variable, xéranse uns intereses os cales son excesivamente elevados e que os converten en moitas ocasións en usureiros. Ao deber facer fronte a uns intereses tan altos, os usuarios das tarxetas revolving atópanse atrapados nunha espiral de débedas ás que non se logra facer fronte co abono da cota acordada, xa que a débeda non para de aumentar. 

      As tarxetas revolving de uso máis común en España son: Tarxeta Wizink, Barclaycard, Carrefour Pass, Ikea, Bankintercard, Citibank, BBVA a tu ritmo, Caixabank Oro e Caixabank Go, BBVA Después, El Corte Inglés, Santander Consumer Finance, EVO Finance, Vodafone, Visa Eroski Red e Cofidis, entre outras. 

      Moitos consumidores víronse abocados a acudir aos Tribunais ante os intereses usureiros que estaban a pagar, existindo resolucións diferentes dependendo do Xulgado que se encargara de resolver cada reclamación. O pasado 4 de marzo de 2020 o Tribunal Supremo ditou xurisprudencia na materia, xurisprudencia á que deben adaptarse as resolucións do resto de Xulgados que se diten a partir de agora. A sentenza do Tribunal Supremo desestima o recurso interposto por Wizink Bank contra unha sentenza que declara a nulidade do  contrato de crédito revolving mediante uso de tarxeta por considear usureiro o interese remuneratorio fixado inicialmente no 26,82% TAE e que se situaba no 27,24% á data de presentación da  demanda. O Tribunal Supremo entende que se debe declararse a nulidade do contrato ao estarse aplicando uns intereses superiores ao tipo medio aplicado ás operacións de crédito mediante tarxetas de crédito e revolving publicado nas estatísticas oficias do Banco de España. 

      Se eres titular dunha tarxeta revolving e pensas que podes estar afectado ao facer fronte a uns interses excesivamente elevados, ponte en contacto connosco para obter un asesoramente personalizado. 

 

Noticias relacionadas

ESTAMOS DE VOLTA

ESTAMOS DE VOLTA

08/05/2020 BLOG
Bo día. Traemos boas novas! A partir do luns 11 de maio, o noso despacho volverá a abrir as súas portas para prestarvos atención presencial. Para elo contamos con todas as medidas hixiénico sanitarias necesarias para garantir a protección da vosa saúde.  O noso horario de atención ao público será
MEDIDAS URXENTES PARA A CRISE ECONÓMICA E SOCIAL PROVOCADA POLO COVID-19

MEDIDAS URXENTES PARA A CRISE ECONÓMICA E SOCIAL PROVOCADA POLO COVID-19

18/03/2020 BLOG
Na ligazón que compartimos neste post podedes consultar o texto completo do Real Decreto-Ley 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19. Nesta norma, entre outros moitos aspectos regúlase a moratoria da débeda hipotecaria
Rebaixa no Imposto de Sucesións

Rebaixa no Imposto de Sucesións

04/02/2020 BLOG
Co comezo do ano novo entrou en vigor a última medida fiscal aprobada pola Xunta de Galicia e relativa ao imposto de sucesións. Trátase dun imposto cedido á nosa Comunidade Autónoma, e sobre o que existe a posibilidade de establecer límites relativos ás cantidades que se deben tributar. Ata o ano
ESTRANXEIRÍA

ESTRANXEIRÍA

13/12/2019 BLOG
A Sala Terceira do Tribunal Supremo (Sección 5ª) crea xurisprudencia en relación á solicitude de arraigo social fundamentada en vínculos familiares, ao entender que se pode acreditar a suficiencia de medio económicos, cando se solicita a exención de contrato de traballo, sen ter que cumprir os