Castro² Avogadas en Noia y Ribeira

Despacho de avogadas en Noia e Ribeira

Castro² Avogadas, a unión fai a forza

Castro² Avogadas nace coa idea de ofrecer un servizo colectivo co que realizar o asesoramento e defensa completa nas distintas áreas do dereito, dunha forma profesional e completa da man das avogadas Eva Castro Blanco e Tania Castro Núñez. As nosas Licenciadas en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela contan, ademais, cunha extensa experiencia no exercicio profesional.

O proxecto común no que se fundamenta Castro² Avogadas, permite unha asistencia de alta calidade e un resultado meditado en profundidade que se realiza cun traballo en equipo. Así, os nosos despachos caracterízanse por un servizo actualizado, dinámico e consciente da evolución da sociedade e das súas necesidades. Ademais dunha atención presencial dende as nosas oficinas en Noia e Ribeira, tamén dispoñemos da posibilidade de realizar consultas online a través do noso contacto.

En Castro² Avogadas prestamos un asesoramento integral a particulares e a empresas, tanto a nivel xudicial como extraxudicial, así como a xestión e tramitación de todo tipo de procedementos. Ademais pretendemos apartar estereotipos e clichés clásicos asentados na nosa profesión: a confianza, a igualdade, a empatía e a información son os referentes do noso traballo diario.

Aires de cambio en el mundo de la abogacía

Aires de cambio no mundo da avogacía

O obxetivo principal de Castro² Avogadas céntrase en establecer confianza cos nosos clientes mediante un traballo serio e profesional, onde a eficacia das nosas actuacións e a información se establecen como os nosos piares fundamentais. Por isto, ademais dos nosos servicios de avogacía, tamén realizamos a labor de asesoría preventiva. Buscamos previr posibles conflitos a través de actuacións e recomendacións previas, para que o cliente coñeza as consecuencias ou beneficios das súas decisións e reducir ao máximo riscos e custos. Ademais, no noso despachos apostamos pola solución consensuada e a negociación, xa que soe ser a ruta máis beneficiosa para ambas partes.

A través do compromiso, a honestidade e unha atención de primeira calidade, en Castro² Avogadas os nosos clientes reciben información e actualizacións sobre o avance dos asuntos que nos confían, sendo a confianza un dos nosos principais valores, e a defensa dos seus intereses o noso obxectivo.

As nosas especialidades en dereito

Dereito penal

Nos nosos despachos en Noia e Ribeira poderás solicitar asistencia respeto a diferentes problemas que aborda o dereito penal: querellas, delitos leves, violencia de xénero, procedementos penais...

Saber máis

Dereito laboral

Axudámosche con calquera xestión que necesites levar a cabo sobre ERTES, contratos, despedimentos, reclamacións ou revisión do cumprimento dos teus dereitos laborais. Conta co mellor asesoramento e protexe o teu posto de traballo.

Saber máis

Dereito civil

Contamos con experiencia en diferentes ramas dentro desta área do dereito: consúltanos todas as túas dúbidas sobre cuestións familiares, como separacións e divorcios; problemas sucesorios, desaloxos, ou asesoramento de comunidades de propietarios.

Saber máis

Dereito administrativo

Asesorámoste cos teus trámites en organismos públicos e procedementos de todo tipo: poderá consultar cos nosos despachos en Noia e Ribeira dende o proceso de renovación de licencias de pesca hasta soliticar asistencia respecto á administración de estranxeiría.

Saber máis