ESTRANXEIRÍA

Publicado: 13 de diciembre de 2019, 19:36
  1. BLOG
ESTRANXEIRÍA

A Sala Terceira do Tribunal Supremo (Sección 5ª) crea xurisprudencia en relación á solicitude de arraigo social fundamentada en vínculos familiares, ao entender que se pode acreditar a suficiencia de medio económicos, cando se solicita a exención de contrato de traballo, sen ter que cumprir os requisitos do artigo 54 da Lei de Estranxeiría. Ata o de agora era necesario cumprir uns determinados parámetros económicos ao aplicarse de xeito supletorio dito artigo. Con esta nova sentenza faise unha interpretación menos restritiva do requisito da suficiencia económica, debendo valorarse as circunstancias concretas de cada caso. 

A sentencia que se achega concédelle a residencia temporal á muller dun residente en España que non cumpría os parámetros de ingresos recollidos no artigo 54 da Lei de Estranxeiría, xa que o matrimonio logrou acreditar que o marido tiña un traballo, uns ingresos fixos como temporeiro e que se atopaba plenamente integrado na sociedade a través do correspondente informe social. 

Se queres ler a Sentenza da que falamos, aquí che deixamos o enlace:

http://www.poderjudicial.es/search/AN/openDocument/3a5e1cfb451791a9/20190626

 

Noticias relacionadas

ESTAMOS DE VOLTA

ESTAMOS DE VOLTA

08/05/2020 BLOG
Bo día. Traemos boas novas! A partir do luns 11 de maio, o noso despacho volverá a abrir as súas portas para prestarvos atención presencial. Para elo contamos con todas as medidas hixiénico sanitarias necesarias para garantir a protección da vosa saúde.  O noso horario de atención ao público será
MEDIDAS URXENTES PARA A CRISE ECONÓMICA E SOCIAL PROVOCADA POLO COVID-19

MEDIDAS URXENTES PARA A CRISE ECONÓMICA E SOCIAL PROVOCADA POLO COVID-19

18/03/2020 BLOG
Na ligazón que compartimos neste post podedes consultar o texto completo do Real Decreto-Ley 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19. Nesta norma, entre outros moitos aspectos regúlase a moratoria da débeda hipotecaria
¿TES UNHA TARXETA REVOLVING? A SEGUINTE INFORMACIÓN É DO TEU INTERESE

¿TES UNHA TARXETA REVOLVING? A SEGUINTE INFORMACIÓN É DO TEU INTERESE

06/03/2020 BLOG
      As tarxetas revolving permiten aprazar as compras que se realicen e facer uso do crédito dispoñible devolvéndose as cantidades de xeito aprazado. Ao levarase a cabo a devolución das cantidades de xeito aprazado, a través dunha cota fixa ou variable, xéranse uns intereses os cales son
Rebaixa no Imposto de Sucesións

Rebaixa no Imposto de Sucesións

04/02/2020 BLOG
Co comezo do ano novo entrou en vigor a última medida fiscal aprobada pola Xunta de Galicia e relativa ao imposto de sucesións. Trátase dun imposto cedido á nosa Comunidade Autónoma, e sobre o que existe a posibilidade de establecer límites relativos ás cantidades que se deben tributar. Ata o ano